Logo Consellaría do Medio Rural
Logo BanTeGal
Inicio - Aviso Legal

Aviso Legal

A Sociedade Anónima Xestora Bantegal, con domicilio social no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), e CIF A70139266, ten por obxecto a través do portal www.bantegal.com informar, facilitar e axilizar as xestións relacionadas co Banco de Terras de Galicia.

Os dereitos de propiedade intelectual deste sitio web e dos seus elementos contidos son titularidade da Xunta de Galicia, a non ser que se indique unha titularidade diferente. A reprodución, distribución, comercialización ou transformación non autorizadas destas obras constitúen unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual. Igualmente, todas as marcas ou signos distintivos de calquera clase contidos no portal están protexidos por lei. Só está autorizado o uso persoal non comercial. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

O usuario non poderá acceder ao portal de xeito que dane, deteriore, inutilice ou sobrecargue os servizos ofrecidos, nin acceder a sitios, servizos, sistemas informáticos ou a redes conectadas ao portal sen autorización cando esta sexa preceptiva para o acceso. Queda prohibido o envío de correo masivo non solicitado e introducir virus informáticos, arquivos defectuosos ou programas que poidan causar prexuízo a esta administración ou a terceiros.

A Sociedade Anónima Xestora BanTeGal non garante que a web e o servidor estean libres de virus e non se fai responsable de consecuencia ningunha, dano ou prexuízo derivado tanto da imposibilidade de acceder á web como do acceso ao uso da información contida naquela ou noutras páxinas de sitios web de terceiros a través de "ligazóns" situadas nesta páxina.

A Sociedade Anónima Xestora BanTeGal resérvase o dereito a suspender temporalmente o acceso ao portal, sen aviso previo, de forma discrecional e temporal. Así mesmo, poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de aviso previo, modificacións e actualizacións sobre a información contida no seu portal ou na súa configuración ou presentación.

A información administrativa facilitada a través desta web non substitúe a publicidade legal das normas e dos actos que teñan que ser publicados formalmente en diarios oficiais. De igual xeito, a información proporcionada a través do Portal, mediante resposta á consulta de expedientes ou derivada de calquera base de datos ten carácter meramente orientativo e en ningún caso poderá ser vinculante para a resolución dos procedementos administrativos, agás nos casos que así se sinale ou se derive de normativa específica.

Tampouco é responsable esta sociedade de que a información subministrada polos servizos de información xeográfica de parcelas agrícolas ou semellantes coincida coa realidade, nin ten competencias para instar á rectificación, actualización ou actuacións semellantes, sendo obriga do interesado facelo perante o organismo co que exista a discordancia.

O acceso ao sitio web de BANTEGAL non supón que o usuario estea obrigado a facilitar información de ningún tipo. Pero no suposto de que o usuario facilite datos de carácter persoal, en cumprimento do artigo 5 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, infórmase que os datos facilitados neste sitio web a través do formulario de rexistro ou de calquera outra maneira serán tratados por BANTEGAL para o cumprimento dos servizos demandados e serán tratados e incorporados ao ficheiro 'SOLICITUDES', cuxa finalidade é ?tramitar a solicitude de incorporación e/ou demanda de predios do Banco de Terras de Galicia?. O titular dos datos, responsable da súa exactitude e posta ao día, recoñece que son adecuados, pertinentes e non excesivos, e autoriza o seu tratamento para a xestión dos bens e dereitos incorporados ao BANTEGAL. No tratamento de datos de carácter persoal non se prevén comunicación de datos, salvo para o cumprimento das obrigas legalmente establecidas e as directamente relacionadas coa prestación do servizo demandado. No caso de que os datos non sexan subministrados directamente polo interesado, quen os facilite ha de cumprir as obrigas relativas ao deber de información nos termos anteriormente expostos e obter cantos consentimentos sexan necesarios para o tratamento por parte do responsable do ficheiro.

BANTEGAL adoptou as medidas de seguridade técnicas e organizativas necesarias para garantir a integridade e confidencialidade dos datos tratados. O titular dos datos pode exercitar os dereitos de acceso, rectificación, oposición y cancelación ante o responsable do ficheiro no enderezo Estrada de Noia, Km. 1, 15896 - Santiago de Compostela.